MOAÑA (MORRAZO-tribuna) .-O Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia atendeu un total de nove accidentes de tráfico e outras 134 urxencias entre as 00:00 horas e as 14:00 horas de hoxe. Ademais das actuacións de accidentes de tráfico, o 061-Galicia acudiu a 134 chamadas de urxencias que mobilizaron recursos, e rexistrou 303 consultas telefónicas. O máis salientable:
-Ás 1:07 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun ferido dun disparo no concello de ARTEIXO, na rúa Río Sar. Para atender a vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia medicalizada, que logo dunha primeira asistencia, trasladou a un varón de 31 anos, A.P.M., en estado grave, ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.
-Ás 8:46 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente de moto no concello de MOAÑA, no barrio Broullón. Para atender a vítima que se atopaba inconsciente , Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia medicalizada, que a pesar da chegada da asistencia, J.M.M., varón de 28 anos, faleceu.