23 marzo 2009

28 accidentes en el fin de semana en la provincia de Pontevedra

O 061-GALICIA ASISTIU A 94 PERSOAS POR 65 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE A FIN DE SEMANA
Dende as 15:00 horas do 20 de marzo ás 23:59 horas do domingo 22 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias recibiu 85 chamadas por accidentes de tráfico.

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 94 persoas debido a 65 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 20 de marzo, ata as 23:59 horas do domingo, 22 de marzo. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o domingo con 29 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 85 chamadas en relación con accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 65 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 94 persoas.

A proporción de homes atendida foi do 66 por cento e a de mulleres do 34 por cento. Nas idades dos feridos, obsérvase que un 45 por cento dos atendidos ten entre os 15 e os 29 anos.

Por provincias foi a de A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 30 sinistros durante os desprazamentos destas datas.