María José Caride, que abandona o cargo con catro imputados ás súas costas pola adxudicación irregular da Autovía da Barbanza, ignora as limitacións que se aplican ao Goberno en funcións e pretende deixar ao seu sucesor sen marxe de manobra con adxudicacións por valor de 130 millóns de euros
"Política Territorial pretende baleirar as arcas públicas con adxudicacións masivas antes do cambio de Goberno"
Alfonso Rueda esixe lealdade institucional a Caride ata o traspaso de poderes e reclama a inmediata paralización das adxudicacións que está a tramitar pola pola porta de atrás
“Agardo que o PSOE non estea a utilizar a Consellería de Política Territorial para facer caixa e pagar favores”, afirma Rueda Valenzuela
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Duro y contuidente ha estado el PP esta tarde de miércoles, con la denuncia que sigue y que deja a la conselleira Caride -otra vez- en el ojo del huracán. Esto dicen los populares :
Malia que por atoparse en funcións debería absterse de adoptar medidas deste tipo, a Consellería de Política Territorial continúa a efectuar os trámites tendentes a efectuar adxudicacións masivas antes do cambio de Goberno que, no seu conxunto, supoñen arredor de 130 millóns de euros.
A día de hoxe, Política Territorial continúa tramitando unha decena de concursos de obra pública que supoñen un presuposto de 129,2 millóns de euros, a pesar de que en algún dos casos nin sequera dispón dos terreos necesarios para executar as obras.
A esta cifra hai que sumar os concursos que continúa a tramitar a Sociedade Pública de Investimentos (SPI), que tamén podería completar antes da toma de posesión do novo Executivo do PPdeG.
INTENTO DE HIPOTECAR AO FUTURO GOBERNO
Á vista deste feitos, o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, acusa á conselleira Caride de pretender baleirar deliberadamente as arcas públicas para limitar a marxe de manobra e hipotecar a capacidade do próximo Goberno galego, nun claro exercicio de deslealdade institucional, máis propio dun país bananeiro que dunha democracia occidental.
Por iso, Rueda Valenzuela esixe a Caride e a Touriño que paralicen inmediatamente as adxudicacións masivas que están a efectuar e deixen ese tipo de decisións para o próximo Executivo do PPdeG, tal e como fixeron os seus antecesores.
A premura coa que Política Territorial está a tramitar estas adxudicacións contrasta coa lentitude coa que o bipartito xestionou durante os últimos catro anos áreas como a atención á dependencia, entre outras.
ACTUACIÓN ANÓMALA
Con todo, o secretario xeral do PPdeG amósase preocupado polo trasfondo desta actuación anómala auspiciada pola conselleira Caride. “Agardo –afirma Rueda- que o PSOE non estea a utilizar a Consellería de Política Territorial para tratar de facer caixa e pagar favores políticos contraídos na recente campaña electoral”.
A pesar de gravidade dos feitos denunciados, tales prácticas non sorprenden a Alfonso Rueda, por estar protagonizadas por unha conselleira en funcións que abandonará o cargo con catro imputados ás súas costas por mor da adxudicación irregular da Autovía da Barbanza, sobre a que pesa a sospeita dun sobrecuste de 30 millóns de euros. A Autovía da Barbanza foi, entre outras, algunha das obras que o Executivo sainte do PPdeG se abstivo de adxudicar hai catro anos, deixando esa decisión ao equipo de Caride, malia que podería telo feito por ter licitado o proxecto con anterioridade á convocatoria electoral.
A sombra da dúbida planea sobre todo o equipo saínte de Política Territorial, que quedou en entredito coa imputación do director xeral de Obras Públicas, o director xeral de Política Financeira, o subdirector xeral de Estradas e maila ex-xefe de servizo de xestión de vías de alta capacidade e actual xefe de servizo de Estradas da Coruña. Os catro imputados están acusados da presunta comisión dos delitos de “prevaricación, maquinación para alterar o prezo das cousas e negociacións prohibidas aos funcionarios que é preciso investigar”, segundo sinala o auto xudicial.