22 marzo 2009

El BNG considera fuera de la normal la decisión de la jueza de Corcubión sobre el caso Prestige

O BNG CONSIDERA QUE “NON É NORMAL QUE OS PROVOCARON A CATÁSTROFE DO PRESTIGE COAS SÚAS DECISIÓNS NON SEXAN IMPUTADOS POLA XUSTIZA”
Bieito Lobeira anuncia que “o BNG apoia o recurso de Nunca Máis para que o Estado español asuma as súas responsabilidades penais”

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O deputado do BNG no Parlamento Galego, Bieito Lobeira, considera que “non é normal nin lóxica” a decisión da xuíza de Corcubión encargada do caso Prestige de non imputar ao Goberno español na causa, atribuíndo a responsabilidade da catástrofe exclusivamente ao capitán do petroleiro e a dous dos seus oficiais.

“Non é normal nin lóxico que quen tomou decisións relevantes que determinaron o resultado final da catástrofe –en referencia ao entón director xeral da Mariña Mercante, José Luís López Sors- fique fora na vista oral”, denuncia Bieito Lobeira.

O parlamentario nacionalista subliña que “a marxe das responsabilidades políticas, que en todo caso ficaron depurados no seu momento, no BNG pensamos que si existen responsabilidades penais por parte do goberno español, e nese sentido o que demandamos é que paguen por todo o dano que lle fixeron a Galiza”. “Polo tanto –conclúe- é lóxico que se senten no banquillo de acusados”.

Servizo Español de Salvamento que cometeu evidentes irregularidades

A este respeito, Lobeira lembra “todo o que ten a ver cun Servizo Español de Salvamento Marítimo privatizado e que durante a catástrofe cometeu irregularidades evidentes, como que o remolcador Ría de Vigo non actuou á espera de negociar coa casa armadora do Prestige o montante económica da operación de remolque”.

“En definitiva –subliña- hai unha serie de irregularidades que se residencian no goberno español dunha forma moi clara”.

O BNG apoia o recurso da plataforma Nunca Máis

Neste sentido, Bieito Lobeira anuncia que “o BNG apoia o recurso presentado pola plataforma Nunca Máis xa que vai xustamente nesa liña”. A este respeito, o deputado nacionalista coincide en que “este xuízo ademais de depurar as responsabilidades que houbo na catástrofe debe servir tamén ara que no futuro non se reproduzan feitos como os que a orixinaron”.