22 marzo 2009

PP : "a instrucción do caso Prestige recoñece que o desastre foi provocado polo mal estado do barco"

O secretario xeral dos populares galegos interpreta que a Xustiza avala as decisións dos técnicos que participaron no dispositivo
O PPdeG segue confiando na xustiza e considera que a instrucción do caso Prestige recoñece que o desastre foi provocado polo mal estado do barco

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-Unha vez rematada a instrucción do caso Prestige, o PPdeG reitera a súa confianza na Xustiza, que mantén a imputación do capitán, o xefe de máquinas e o primeiro oficial do petroleiro, unha vez acreditado que o desaste ambiental foi consecuencia do lamentable estado de conservación no que se atopaba o petroleiro.

Para o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, a instrucción que ven de concluir no Xulgado de Corcubión “pon a cada un no seu sitio” e deixa claro que o suceso tivo a súa orixe no mal estado do barco.

De igual xeito, a instrucción do caso revela que a actuación dos técnicos que participaron no dispositivo foi a correcta ao recomendar alonxar o barco da costa galega.