21 marzo 2009

Touriño no habló a los periodistas este jueves de su particular "fiesta del sobre"...

Os destinatarios, que percibirán 19.000 euros, prestan servizo na Consellería de Industria
O PPdeG pide explicacións polas gratificacións extraordinarias aprobadas polo Consello da Xunta do pasado mércores
“Estanse a premiar os chanchullos na tramitación do concurso eólico”, afirma Alfonso Rueda

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Mentres máis de 206.000 galegos engrosan as listas do paro e a maior parte das familias teñen dificultades para chegar a fin de mes, o bipartito esgota as súas últimas semanas na Xunta aprobando gratificacións extraordinarias, como ven de facer no Consello de Goberno celebrado o pasado mércores.

O PPdeG ten constancia de que tales gratificacións beneficiarán a persoas que prestan servizo na Consellería de Industria, feito que leva aos populares galegos e reclamar unha explicación inmediata por parte do presidente da Xunta e do conselleiro do ramo. Tales gratificacións ascenden a un total de 19.000 euros.

O presidente en funcións, Pérez Touriño, como máximo responsable dos acordos adoptados no Consello da Xunta, está obrigado a velar por unha administración rigorosa dos recursos públicos e non pode permitir que se malgasten os impostos dos galegos en pagamentos extraordinarios sen a debida xustificación.

“Con estas gratificacións extraordinarias estanse a premiar os chanchullos cometidos durante a tramitación do concurso eólico”, afirma o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda.