22 marzo 2009

Deputación supervisa obras en la carretera Ponte do Val - Barciademera


A DEPUTACIÓN INICIARÁ EN BREVE A 2º FASE DE MELLORA DO TRAZADO DA ESTRADA PONTE DO VAL-BARCIADEMERA NA QUE ESTÁ A INVESTIR MÁIS DE 400.000 EUROS

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Deputación, Rafael Louzán, supervisou hoxe as obras que executadas pola institución na estrada provincial EP 4306 Ponte do Val-Barciademera acompañado polo alcalde de Mondariz, Julio Alén, e polo director de Infraestruturas, Agustín Hernández.
As obras, de mellora do trazado e da pavimentación, estanse a executar en dúas fases cun investimento total de 429.888 euros. O titular da administración provincial, Rafael Louzán, informou que a primeira fase de obras xa está rematada e a segunda xa está adxudicada e dará comezo nun prazo aproximado de 15 días”.
A primeira fase comprendía o 700 primeiros metros do vial onde se levou a cabo unha sección tipo formada por dous calzadas de 3,50 metros cada unha e dous arcéns de un metro, resultando un ancho total de plataforma de 9 metros.
Segundo comentou Agustín Hernández, na segunda fase de obras desenvolverase o mesmo tipo de sección que no primeiro tramo. Neste caso afectará ó vial comprendido entre os puntos quilométricos 760 e 1.260.
Na primeira fase de obras acometeuse a escavación e desmonte de 18.075,673 metros cúbicos de terra; drenaxes, pavimentacións, cunetas de formigón muros de mampostería de altura e espesor variable e reposición de servizos.
Na segunda fase de traballos tamén está prevista a execución dos muros necesarios para a contención da calzada, a reposición de servizos, e muros ou peches afectados.