18 marzo 2009

Otro incendiario detenido

A POLICÍA AUTONÓMICA DETÉN A UN HOME DE CARBALLEDA DE AVIA (OURENSE) COMO PRESUNTO AUTOR DUN INCENDIO FORESTAL

O incendio que se lle imputa tivo lugar o 3 deste mes ao escaparse unha queima de rastrollos nunha finca da súa propiedade e para a que non posuía autorización

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Funcionarios da xefatura provincial de Ourense da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma informaron hoxe da detención de A.F.F., un home de 48 anos, como presunto autor dun incendio forestal ocorrido na parroquia de Abelenda das Penas, no Concello de Carballeda de Avia (Ourense).

O incendio que se lle imputa tivo lugar o 3 deste mes ao escaparse unha queima de rastrollos da que non posuía autorización, nunha finca da súa propiedade. No sinistro arderon 0,4 Ha. de masa arborado con carballo.

O detido, unha vez oído en declaración, foi posto en liberdade coa obriga de comparecer ante a Autoridade Xudicial cando fora requirido, instruíndose dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribadavia. Con este detido, a Policía Autonómica xa puxo a disposición xudicial a dezaseis persoas no que vai de ano por delitos de incendio forestal.