22 marzo 2009

Salceda de Caselas : el PP considera fantasmagóricos los presupuestos municipales

O PP DE SALCEDA CALIFA DE IRREAIS OS ORZAMENTOS DE 2009 APROBADOS POLO GOBERNO LOCAL
Os populares denuncian o incuprimento do plan financeiro 2009-2011e dos requerimentos totais do propio orzamento

SALCEDA DE CASELAS (MORRAZO-tribuna) .- O Partido Popular de Salceda de Caselas critica e califica de “irreais e rocambolescos” os orzamentos previstos para 2009 aprobados, con cinco meses de atraso, na sesión plenaria do pasado 14 de marzo. Emma Pereira, voceira do PP local, explica que “estamos ante dous informes desfavorables, un por non cumprir o plan financeiro 2009-2001 e outro por non acatar os requerimentos totais do propio orzamento”.
Os orzamentos do exercicio 2009 teñen previsto uns ingresos de 5.507.586 € e uns gastos de 5.177.406 €, o que supón un superávit de 330.180 €, a metade do que o equipo de Goberno BNG-PsdeG tiña estimado, incumprindo deste xeito co informe económico-financeiro 2009-2011 no que, en materia de superávit, deberíase acadar os 688.000 €.
Irregularidades nos ingresos e gastos
“Trátanse duns orzamentos ficticios nos cales os ingresos nunca se cumprirán”, asegura Pereira. Entre outros moitos exemplos, atópase a irregularidade das previsión na recadación polos impostos de carácter urbana: no ano 2008 obtivéronse uns ingresos de 270.000 € dos 800.000 previstos, rexistrándose un déficit de 530.000 €. Para o exercicio de 2009 prevén recadar 700.000 €, “unha cifra que, unha vez máis, incumprirán xa que é imposible, dun ano a outro, elevar tanto este ingreso cando a situación é practicamente a mesma”, explican dende o PP.
Na mesma liña, os populares tamén alegan que “da maneira en que se presentaron os orzamentos, só poderán solicitar un crédito, como máximo, de tan só 20.000 € para intentar así cumprir as bases”; non obstante, BNG-PsdeG ten previsto pedir un préstamo de 132.000 €, unha acción que supón “a caída, de novo, noutra irregularidade”.
Por outra parte, dende o PP local subliñan que “este ano a inversión propia do Concello descende en 254.000 €”. No exercicio de 2008 tíñase incluído unha partida de gastos de 734.000 € e para o 2009 o investimento é de 480.000 €, reducíndoo en áreas tan importantes como a de saneamento.