VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Continúa o Congreso de Comisions Obreiras de Galicia que na mañá deste sábado deberá rematar. Esta tarde confirmouse que só haberá unha candidatura á secretaría xeral do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras, a de Xosé Manuel Sánchez Aguión, polo que se converterá no próximo secretario xeral da organización sindical.
Con todo, existen aínda dúas listas para a Comisión Executiva Nacional (CEN), respectivamente encabezadas por Sánchez Aguión (actual secretario de Organización) e Eusebio Justo (secretario de Emprego). Entón, dependendo de cantos votos logre cada unha destas listas (aínda non se produciron as votacións) aportará máis ou menos membros á CEN que resulte elixida.