04 marzo 2009

Campeones de España en Deputación...


DURÁN DESTACA A TRAXECTORIA DOS REPRESENTANTES ESPAÑOIS NO PRÓXIMO CAMPIONATO DO MUNDO DE BAILE IUNIOR QUE SE CELEBRARÁ O DÍA 28 EN MOSCÚ

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O vicepresidente, José Juan Durán, recibiu na Deputación ós bicampións de España 2006 e 2007 de Baile Deportivo na modalidade estándar, Fernando Lareu Magdaleno (Pontevedra) e Noelia Pintos Señorans (Vilanova de Arousa), ambos de 14 anos.
Nesta recepción, José Juan Durán expresoulles o seus mellores desexos de éxito para o próximo reto deportivo de Noelia e Fernándo que o vindeiro 28 de marzo van a representar a España no Campionato do Mundo de Iunior II na modalidade de 10 bailes que se vai a celebrar en Moscú. Previamente, o día 21 tamén teñen previsto participar no Campionato de España de estándar que se celebra en Barcelona.
Esta actividade de baile está considerada como unha modalidade deportiva dende o ano 2004, sen embargo, en Galicia fan falta a existencia de 15 clubs para que se constitúa unha federación e actualmente tan so existen 5, explicaron os pais dos deportistas.
“Para nós supón un importante esforzo que os nosos fillos viaxen para asistir ás competicións posto que ó tratarse de un deporte minoritario na comunidade galega normalmente non dispoñemos de axudas das diferentes administracións”, afirmaron, quenes recoñeceron que ata o momento a Deputación foi a única entidade que lles financiou un viaxe a Barcelona para competir nun dos campionatos.
Fernando e Noelia compiten actualmente na categoría A, a máis alta dunha parella da súa idade, tanto na modalidade de estándar como na de latinos. Pertencen ó club deportivo Baile Galicia e o seu entrenador é Miguel Abreu que tamén participa como xuíz internacional. Tamén reciben clases habitualmente con Paolo Bosco e Silvia Pitón (5 veces campións do mundo en bailes estándar) e con Mauro Rossi (7 veces campión de España de bailes latinos).

Ampla traxectoria
Ademais de participar en numerosas competicións e acadar moi bos resultados, o máis destacado tivo lugar cando se converteron en campións de España na categoría iunior na temporada 2005/2006. Por tal motivo foron invitados ó programa “Mira quien Vaila” emitido en Televisión Española.
Fernando e Noelia veñen de gañar o pasado oito de febreiro o campionato de España Iunior II na modalidade de 10 bailes que se celebrou en Alacante.
No 2007 foron campións de España Iunior estándar en Etxebarri (Bilbao) e quedaron como terceiros clasificados no Campionato de España Junior I en 10 bailes que se celebrou en Constantí (Tarragona).
Previamente, no 2006 xa acadaran o premio como campións de España Iunior I estandar nunha proba que se celebrou en Pontevedra; acadaron o cuarto posto no campionato de España Iunior I 10 bailes celebrado en Mislata (Valencia) e o sexto posto no campionato estatal Iunior I Latinos celebrado en Lleida.