CAMPAÑA DE INFORMACIÓN E PREVENCIÓN SOBRE O CONSUMO DE ALCOHOL: BOTELLON BOTEOFF
A GUARDA (MORRAZO-tribuna) .- O programa de voluntariado do Concello da Guarda pon en marcha unha Campaña publicitaria de información e prevención sobre os efectos do consumo de alcohol. Esta Campaña sairá á luz o mércores 4 de marzo día no que se comezará o seu reparto polos establecementos e principais lugares de ocio da mocidade guardesa e polos centros educativos do municipio. Nesta labor cumpren un papel fundamental os e as voluntarios do programa involucrados neste e noutros proxectos.
Esta campaña está promovida polo Concello e pola Vicepresidencia da Igualdade da Xunta de Galicia.