15 marzo 2009
Otra infraestructura que pone en marcha Deputación de Pontevedra
Publicado por C&CdeGaliza en 15.3.09 Etiquetas: INFRAESTRUCTURAS, RIAS BAIXASLOUZÁN INAUGURA AS OBRAS DE MELLORA DA ESTRADA
DE CURRO - A PORTELA, EN BARRO, ONDE A DEPUTACIÓN INVESTIU UNHA ACHEGA TOTAL DE 2.300.000 EUROS
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, visitou esta mañá, acompañado do vicepresidente provincial, José Juan Durán, o Director Provincial de Infraestruturas, Agustín Hernández, e os alcaldes de Barro, José Antonio Landín, Portas e Meis, a estrada provincial que une Curro e A Portela, en Barro, onde a institución provincial acometeu as obras de ensanche e humanización do vial.
Esta actuación, que supuxo un desembolso de 2.300.000 euros por parte da Deputación de Pontevedra, dividiuse en dúas fases. Unha primeira de ensanche da estrada, valorada en 1.700.000 euros e a segunda, de humanización da travesía, que custou 600.000 euros.
Na primeira fase desta actuación, a Deputación levou a cabo as obras de ensanche e mellora da capa de rodaxe dun tramo de 40.000 metros cadrados, asfaltando unha media de 10 metros de ancho e ensanchando a vía ata os 14 metros totais. Nesta actuación, o organismo provincial empregará preto de 7.500 toneladas de mestura bituminosa asfáltica en quente.
Doutra banda, a segunda fase de humanización, comprendeu actuacións ó longo de 1.200 metros lineais, cun bordiño de 2.486 metros lineais, con colocación de louseta en 6.215 metros cadrados e instalando 52 báculos de alumeado público.
Esta fase incluiu tamén a correspondente dotación de abastecemento, saneamento, recollida de pluviais, 144 pozos de rexistro, 72 sumidoiros sifónicos e canalización eléctrica.