A FAVEC denuncia a inoperancia municipal no novo caso de incendio dunha nave industrial sen licencia
O Concello de Vigo segue sin controlar a actividade das empresas sen licencia nin os traballos das concesionarias
VIGO (MORRAZO-tribuna) .- "O incendio rexistrado no barrio de Teis podería terse evitado ou paliado en boa medida as súas consecuencias se funcionasen os mecanismos de control municipais da actividade das empresas e dos traballos das contratas e concesionarias", advierte la FAVEC en una nota hecha pública en Vigo.
"A catástrofe é suma dun cúmulo de despropósitos por parte da administración municipal... o feito de que non se actuase contra unha empresa que opera sen licencia logo de existir incluso denuncias por parte da veciñanza da zona é un feito moi grave que pon de manifesto que as políticas anunciadas son tan só un xesto de cara á galería, un xeito de saír do paso, mentres seguen sen funcionar os mecanismos de control municipais. Preguntámonos que está facendo o Concello coas denuncias veciñais, por que non atende os casos que teñen que ver coa seguridade e por que non actúan policía e técnicos municipais", dice la Federación Vecinal de Vigo
Concesionarias e contratas
O incendio de onte viuse agravado polas deficiencias nas tomas de auga e na presión, servizos que prestan empresas concesionarias e que o Concello ten obriga de supervisar, especialmente cando existen queixas veciñais. Neste sentido a FAVEC leva moitos anos reclamando que desde o Concello se faga un estricto control das contratas e concesionarias, sempre coa calada por resposta, mentres a veciñanza padece as consecuencias desta pasividade como no recente desprendemento dun balcón en Príncipe.
A FAVEC pide ao Concello que abandone xa a filosofía do apagalumes, sempre por detrás da realidade e especialmente perigosa cando estamos a falar da seguridade e integridade das persoas, no seu lugar ten que comezar dunha vez a actuar de xeito preventivo e cando a cidadanía o solicitamos.