Publicamos a continuación referencias de interés para estudiantes de A Guarda, O Rosal y Tomiño.
A GUARDA (MORRAZO-tribuna) .-
ORDE DE CONVOCATORIA DE AXUDAS A ESTUDANTES UNIVERSITARIOS PARA A ASISTENCIA A CONGRESOS, SIMPOSIOS, SEMINARIOS OU SIMILARES
As OMIX da Guarda, O Rosal e Tomiño informan da apertura do prazo para solicitar axudas a estudantes universitarios matriculado nalgunha das tres universidades do sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED en Galicia no curso 2008/2009 para a asistencia a congresos, simposios, seminarios ou similares relacionados coas materias obxecto de estudo na titulación cursada
Poden solicitar esta axuda, entre outros requisitos, os alumnos/as universitarios/as que estén matriculados no curso 2008/2009 en calquera universidade do sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico, máster universitario ou tercer ciclo.
O congreso, seminario, simposio ou similar deberá estar organizado por universidades públicas, privadas ou outras institucións de recoñecido prestixio académico en que se traten aspectos relacionados coas materias obxecto dos estudos que están a realizar.
As actividades deben ter unha duración mínima de 24 horas acreditadas pola entidade organizadora.
O prazo para presentar esta axuda será ata o 4 de abril
Máis información no DOG do 4 de marzo de 2009 ou na OMIX do Concello
PUBLICADA A ORDE DE AXUDAS A ESTUDANTES UNIVERSITARIOS PARA ESTADÍAS NALGÚN ESTADO MEMBRO DA UNIÓN EUROPEA PARA COÑECER A LINGUA DESE PAÍS
As OMIX do Rosal, A Guarda e Tomiño informan da publicación no DOG do 4 de marzo de 2009 a Orde que regula a convocatoria de axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea co obxecto de coñecer a lingua dese país dirixidas ao alumnado universitario matriculado nalgunha das tres universidades do sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED en Galicia para o curso 2008/2009.
Poden solicitar esta axuda, entre outros requisitos, os alumnos/as universitarios/as que estén matriculados no curso 2008/2009 en calquera universidade do sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico, máster universitario ou tercer ciclo.
O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de dúas semanas e máxima de catro e un mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido e terá que realizarse entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2009
Quedan excluídos os alumnos que xa disfrutasen desta axuda en anteriores convocatorias e o alumnado que durante o curso 2008/2009 estean desfrutando do programa Erasmus salvo que a estadía que prstendan realizar sexa para perfeccionar a lingua oficial do país en que se está a desenvolver o devandito programa.
O prazo para presentar esta axuda será ata o 4 de abril
Máis información no DOG do 4 de marzo de 2009 ou na OMIX do Concello