13 marzo 2009

Touriño envia a Bruselas a un subalterno cuando está en juego tanto para Galicia...

Fernández Mato insistiu na necesidade de salvagardar o desenvolvemento acadado polas rexións que, como Galicia, deixarán de ser ‘obxectivo converxencia’ e sufrirán un recorte no financiamento recibido por parte da UE.
O secretario participa na 17ª reunión da Comisión de Política de Cohesión Territorial (COTER) do Comité da Rexións da UE, onde defendeu as propostas presentadas por Galicia á consulta pública sobre o Libro verde de cohesión territorial da Comisión Europea

BRUSELAS (MORRAZO-tribuna) .- O secretario de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia, Julio Fernández Mato, participou hoxe Bruxelas na reunión da Comisión de Política de Cohesión Territorial (COTER) do Comité das Rexións. Julio Fernández Mato defendeu a necesidade dunha axuda transitoria para as rexións que, como Galicia, abandonarán a ‘converxencia’ no próximo período, que comeza en 2014, e que como consecuencia, verán notablemente reducida a contía das axudas que reciben desde a Unión Europea.

Dentro do programa, o secretario xeral manifestou a súa postura en relación ao futuro da política de cohesión e o Libro verde de cohesión territorial. Respecto a esta cuestión, Fernández Mato destacou que para Galicia, tal e como se transmitiu a través da consulta pública aberta pola Comisión, resulta imprescindible que “as rexións gocen de maior autonomía no desenvolvemento, execución e aplicación dos seus programas operativos”. Nesta liña, o secretario destacou a conveniencia de que “aquelas rexións que o desexen obteñan o estatuto de autoridades de xestión se o solicitan”.

A proposta galega sobre o Libro verde, elaborada o pasado mes de febreiro pola Fundación Galicia Europa, defende que o principio de cohesión territorial teña en consideración os custos de prestación dos servizos de interese xeral, que se incrementan de maneira notable nas zonas de baixa densidade de poboación. Por este motivo, segundo afirmou Fernández Mato, “o principio de cohesión territorial debería ter en conta estas diferenzas no gastos que deben asumir as rexións”.

Na súa defensa dos intereses de Galicia, o secretario xeral recordou que “unha redución drástica no futuro dos fondos recibidos, implicaría graves danos na economía e o emprego destas rexións, así como a posta en perigo das importantísimas inversións realizadas ata o de agora hora”. En definitiva, suporía “un importante retroceso nos avances rexistrados que debemos, ante todo, evitar”, declarou.
Comisión de Política de Cohesión Territorial (COTER)
A Comisión de Política de Cohesión Territorial (COTER), que se encadra dentro do Comité das Rexións, ten como función esencial a elaboración de proxectos de ditame e de resolución que someten a consideración da súa asemblea plenaria. Os proxectos de ditame e as resolucións que se elaboran, ao abeiro desta Comisión, céntranse en materias relativas á política de cohesión territorial, económica e social; Fondos Estruturais; cooperación interrexional e transfronteiriza; ordenación do territorio; política urbana; transportes e redes transeuropeas de transporte; e turismo.