Nos últimos dous anos, instalou 220 instalacións deste tipo na provincia cunha inversión superior ós seis millóns de euros
A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONCEDE DÚAS ÁREAS DE XOGO INFANTÍS ÓS CONCELLOS DE MEAÑO E O ROSAL
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe a instalación de dúas áreas infantís nos concellos de Meaño e O Rosal. A primeira é de tipo pequeño, para nenos de ata cinco anos, e a segunda, de tipo grande para rapaces entre 3 e 14 anos.
A área infantil que se instalará en Meaño está dotada con columpios, zonas multixogo e dous muelles. Acada un custe de 19.000 euros que será financiado no seu 90% pola Deputación e no 10% restante polo Concello de Meaño.
No caso da instalación infantil de O Rosal, orientada a nenos entre 3 e 14 anos, dispón dunha zona multixogo, un columpio dobre e tres xogos de muelles. O seu custe, tamén financiado na mesma proporción que o anterior, acada os 24.500 euros.
A Deputación de Pontevedra instalou 220 parques infantís homologados na provincia nos dous últimos anos. A inversión efectuada acadou o 6 millóns de euros e a empresa adxudicataria do servizo foi Contenur SL. As áreas son de tres tipos: para nenos ata 3 anos; para nenos entre 3 e 14 anos; e parques con dotacións deportivas, para rapaces entre 8 e 16 anos.