FECIMO entregou o primeiro premio da súa campaña Blueu!, un novo sistema de información e publicidade que sepresentou o 9 de Febreiro en Bueu. Con este sistema, as persoas que se atopen no casco urbano poderán recibir no seu móbil diversas mensaxes publicitarias, de promocións, así como interesantes premios en cheques
compra valorados en 50€ para gastar nos establecementos asociados. Bueu é a localidade elixida para pór en marcha o proxecto piloto que proximamente trasladarase a Cangas e Moaña.
BUEU (MORRAZO-tribuna) .- FECIMO entregou o primeiro premio da súa campaña Blueu!, un novo sistema de información e publicidade que se presentou o 9 de Febreiro en Bueu. Con este sistema, as persoas que se
atopen no casco urbano poderán recibir no seu móbil diversas mensaxes publicitarias, de promocións, así como interesantes premios en cheques compra valorados en 50€ para gastar nos establecementos asociados.
Bueu é a localidade elixida para pór en marcha o proxecto piloto que proximamente trasladarase a Cangas e Moaña.
María Elvira Millán Liméns, unha veciña do municipio, foi a primeira afortunada, que conseguiu o seu premio simplemente paseando pola zona e tendo acendido o bluetooth no seu teléfono móbil. A premiada amosouse
moi ilusionada co premio e encantada de formar parte dunha campaña da Federación. O pasado venres recibiu de mans da Presidenta de ACIBU, Ana Ave, dous cheques de 25€ para gastar nos establecementos buenenses.
En próximas datas, como segundo paso da camapaña Blueu!, os establecementos asociados terán a posibilidade de incluír as súas propias promocións e publicidade no sistema, utilizando os dispositivos que a federación ten colocados na zona.
Esta iniciativa pretende servir como medio de publicidade eficaz e económico, unha forma moi interesante de
chegar ós consumidores.
Lembramos que FECIMO seguirá lanzando premios a medida que se envíen outro tipo de informacións. Non esquezan activar o bluetooth!