“Grazas ao BNG o Parque empresarial de Ponteareas está a exposición pública e será unha realidade sin esperar polo Plan de Ordenación que o PP é incapaz de facer” afirmou Bolívar González
O BNG espera que o goberno do PP na Xunta manteña os compromisos de investimentos en marcha en Ponteareas
PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- O BNG de Ponteaeas, mostrou a sua preocupación polas distintas manifestacións que nestes días está a realizar o Partido Popular, no sentido de pechar, anular, privatizar, etc. distintos investimentos ou actuacións posta en marcha pola Xunta de Galiza nos últimos tres anos e medio. "Esperamos que só sexa palabrería electoral, que non teñan en mente botar abaixo iniciativas coma o plan de vivenda protexida, posto en marcha pola Conselleria de Vivenda e Solo, a nacionalista Teresa Táboas, plan que en Ponteareas prevé investir máis de 6 millóns de euros", referiu un portavoz.
Outra das actuacións que os nacionalistas esperan que non sufra ningún retraso, por parte do novo goberno, é o Parque Empresarial “Val do Tea”, Bolívar González, Portavoz municipal do BNG, reseñou que “Grazas a labor do BNG no Goberno Galego, o Parque Empresarial de Ponteareas está agora a exposición pública e será unha realidade sin esperar polo Plan de Ordenación municipal que o PP é incapaz de facer”
“Se o parque empresarial dependera do alcalde e do concello aínda estaríamos nestes momentos esperando polo plan urbanístico para poder facer o polígono”, afirmou Bolívar González.
O BNG agarda que o goberno do Partido Popular na Xunta, continue coas iniciativas postas en marcha en Ponteareas coma, o compromiso coa Fundación Rogelio Groba de facilitarlle un local onde se ubicará a sua sede ou a disposición mostrada cos veciños de Xinzo para crear unha galescola e un centro de día. Os nacionalistas tamén esperan que se manteña o nivel de investimentos destes tres anos e medio en áreas como Medio Rural.
Os nacionalistas xa non se sorprenden das manifestacións que nestes días ten realizado o alcalde de Ponteareas Salvador G. Solla, nas que só se preocupa por ver o que non fan os demáis cando en cambio él non fai o que lle corresponde como Alcalde. Non é serio para Ponteareas contar cun Alcalde que só sabe pedir que lle fagan o que é incapaz e é da súa responsablidade. Solla debe pensar que dende a nova Xunta van actuar como lle fixo Louzán dende a Deputación, só pode pensar así alguén que non fixo absolutamente nada nos 5 anos que leva de alcalde.