AO ENCONTRO ASISTEN COLECTIVOS DE TODA GALICIA PARA ABORDAR A EDUCACIÓN AMBIENTAL DESDE AS ASOCIACIÓNS AMBIENTALISTAS
Adenco participa no I Encontro Ecoloxista, o sábado en Santiago
PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- O próximo sábado 7 de marzo, o Grupo Ecoloxista Adenco asistirá ao I Encontro Ecoloxista, coorganizado pola Federación Ecoloxista Galega e a Sociedade Galega de Educación Ambiental, no Museo do Pobo Galego.
No encontro preténdese pór en común as experiencias e os recursos educoambientais empregados polas asociacións ecoloxistas nos últimos anos. Así, coa intención de consolidarse no tempo, o encontro pretende ser un debate no que analizar os puntos fortes e débiles do movemento ecoloxista en xeral e a súa relación coa educación ambiental en particular.
19 anos defendendo o Medio
Adenco leva desenvolvendo actividades no eido da educación ambiental desde a súa fundación. Nestes días, o Grupo vén de cumprir 19 anos, despois da súa fundación o 23 de febreiro de 1990 e traballa agora na preparación da súa asemblea anual e a elaboración do seu programa de actividades para o 2009, no que se cumpren 20 anos do Día da Árbore e das Xeiras Micolóxicas.
A información completa do encontro atópase no seguinte link:
http://www.federacionecoloxista.org/modules.php?name=Content&pa=showpage&pid=11