24 junio 2009

BNG de Ponteareas insiste : o Concello está en clara bancarrota

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O BNG de Ponteareas, a través da súa viceportavoz Sandra Arauxo, revelou que os últimos datos oficiais do concello de Ponteareas, correspondentes ao ano 2007, cifran en 14.030.525,03 euros o REMANENTE NEGATIVO DE TESOURERÍA ao que habería que engadir, segundo recolle textualmente o informe da interventora municipal, “a existencia de numerosas facturas pendentes de recoñecemento que agravan a situación económico financieira do concello”.

Fronte a eses máis de 14 millóns de déficit acumulado, o concello só foi capaz de ingresar en 2007 apenas 6,8 millóns de euros, polo que o déficit do concello é superior aos ingresos de dous anos. Polo que a interventora municipal advirte de que “é necesario replantexar a estratexia financieira do concello”.

No seu informe, a Interventora municipal asegura que “empeora o resultado en relación ó exercicio 2006 en prácticamente 1.5 millóns de euros”, o que deixa en evidencia ao PP na súa xestión económica e pon de manifesto o que sempre advertiu o BNG de que a situación económica do concello de Ponteareas empeora dada a mala extión, pola deficiente recadación e o despilfarro.

Seguno a nacionalista, “o concello está en bancarrota por causa do PP, porque os poucos cartos adícanse a pagar os gastos correntes e o persoal e non chegan nin para pagar a débeda nin para atender outras moitas necesidades básicas”. Para o BNG a situción é realmente grave e preocupante, a este ritmo, o PP duplicará nestes 4 anos o déficit municipal, todo un récord.