24 junio 2009

El Bloque logra en el Parlamento que el IBI ea otra cosa para los concellos que soportan embalses y centrales hidroeléctricas

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Comisión de Economía do Congreso dos Deputados aprobou este mediodía a proposición non de lei do deputado do BNG, Francisco Jorquera, para que o Goberno asegure, no marco de reforma das Facendas Locais, a estabilidade na tributación do Imposto de Bens Inmóbeis especiais aos municipios afectados por encoros ou centrais hidroeléctricas.

A Comisión mencionada debatía unha proposición do deputado do BNG que pedía a reforma do Real Decreto de 2007, normativa que mermou os ingresos de moitos pequenos concellos de Lugo e Ourense con encoros. En aras ao acordo unánime, Jorquera aceitou transaccionar un acordo co grupo socialista que foi respaldado por todos os grupos.

Jorquera criticou a actitude do PP na Comisión xa que de entrada se opuxeron á proposición do BNG pretextando que “están en contra de baixar os impostos”. Unha actitude que imposibilitou un acordo máis ambicioso e provocou as críticas do BNG porque “o PP está a primar aos oligopolios que explotan os nosos recursos por riba dos intereses de moitos pequenos concellos, nos que por certo, gobernan”.

O acordo acadado por unanimidade tamén insta ao Goberno a artellar mecanismo que aseguren a suficiencia financieira dos pequenos concellos no marco da reforma das Facendas Locais (achegamos o texto do acordo).

O Decreto de 2007 prexudica a moitos concellos galegos con encoros

Jorquera explicou que o Real Decreto 1467/2007, polo que se aproban as normas técnicas de valoración catastral, modifica as normas de valoración catastral pola que se determinan os valores catastrais de bens Inmóbeis de Características Especiais (BICES) como son as centrais hidroeléctricas, parques eólicos, autoestradas, aeroportos.

En base a isto, puntualizou, a nova normativa atribúe ao Catastro a exclusividade para levar a cabo ponencias de valores. “Froito destas modificacións moitos concellos sairán beneficiados pero decenas de concellos pequenos de Galiza veránse prexudicados, sobre todo onde hai encoros, saltos de auga ou centrais hidroeléctricas”.

O IBI unha das compensacións aos concellos polo impacto social e medioambiental

Cos novos criterios de valoración, afirmou Jorquera, a recadación por IBI, “unha das principais fontes de ingresos dos concellos, diminuiu considerabelmente”.

“A población de moitos municipios de Lugo e Ourense tivo que asumir importantes custes sociais e medioambientais. Viron como se anegaban os seus vales cun enorme impacto paisaxístico, tamén tiveron que sofrir o traslado da poboación a outros lugares e a desaparición dos aproveitamentos económicos anteriores. Unha das poucas compensacións por todo iso é o IBI que os concellos repercutían nas empresas”.

O portavoz do BNG censurou o feito de que as empresas responsábeis vaian pagar menos por antiguedade. Neste sentido, lembrou que a práctica totalidade das centrais e encoros que hai na conca do Miño-Sil sobrepasan os 50 anos. É lóxico que estas empresas paguen menos IBI pola antiguedade?”, preguntouse.

Ademáis, Jorquera subliñou que o impacto nas facendas locais por esta menor avaliación “é brutal”. A diminución significa unha reducción dos ingresos anuais superior ao 20%”. No contexto de actual crise económica, indicou o deputado do BNG, os concellos reducen os seus ingresos debido á crise e aínda están a agardar pola reforma do financiamento local.

O deputado do BNG sinalou que “estas son as razóns que fundamentan a presentación da nosa proposición”.