MOS (MORRAZO-TRIBUNA).-Este domingo terá lugar a Marcha Popular en Bicicleta Deputación de Pontevedra – Concello de Mos. O percorrido iniciarase no Pavillón Óscar Pereiro e rematará no mesmo sitio
O vindeiro domingo, día 28 de xuño, celebrarase a Marcha Popular en Bicicleta Deputación de Pontevedra – Concello de Mos.
A saída dos partcicipantes producirase ás 9.30 horas da mañán do Pavillón Óscar Pereiro para realizar un circuíto que rematará no mesmo lugar de saída.
O percorrido consistirá nunca marcha de dificultade suave orientada á participación familiar, é dicir, para que poidan realizala os pais acompañados dos seus fillos. Ó rematar haberá sorteo de agasallos entre tódolos participantes.
Os interesados en inscribirse nesta actividade poderán facelo o propio domingo pola mañá, antes do inicio da marcha, no Pavillón Óscar Pereiro, desde onde partirá a mesma.
O responsable da concellería de Deportes en Mos, o edil Alberto Méndez, quixo animar hoxe a tódolos pais e nais, nenos e nenas, veciños do municipio a participar “nesta iniciativa divertida e saudable”, tal e como a calificaba Méndez Lago.