19 agosto 2009

La web de Turgalicia presume

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A páxina web do Turismo galego mantida pola Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo recibiu ata o pasado mes de xullo un total de 912.236 visitas, cunha media de 8,12 páxinas vistas por cada visita e un tempo medio de 4 minutos e 34 segundos de estancia no portal.

Por países, aqueles que realizaron maior número de accesos son, por esta orde: España, Portugal, Francia, Estados Unidos, Alemaña, Italia, Reino Unido, Arxentina, Brasil e Suíza.

En canto ao lugar de procedencia dos internautas que accederon desde España, sen ter en conta Galicia, o primeiro lugar ocúpano os madrileños, seguidos dos barceloneses, valencianos e sevillanos.

Os galegos que máis visitan a web do Turismo son os composteláns, coruñeses, vigueses e pontevedreses por esta orde.

Aqueles que visitaron a web de TURGALICIA desde Portugal, fixérono, concretamente desde Lisboa, en primeiro lugar, seguidos de Porto, Viana do Castelo, Braga, Felgueiras, Coimbra, Guimaraes, Aveiro, Vila do Conde e, no décimo posto, Vila Nova de Gaia.

Francia, o terceiro país que máis accesos realizou ao portal de Turismo galego, fíxoo desde as cidades de: Paris, Toulouse, Rennes, Nantes, Lyon, Bordeaux, Montpellier, Marseille, Bayonne e Lille.

Pola súa parte, California, New York, Florida, New Jersey, Texas, Illinois, Virginia, Massachusetts, Michigan e Georgia foron as cidades estadounidenses que máis visitas levaron a cabo ao portal web de TURGALICIA www. turgalicia. es.