19 agosto 2009

La Xunta, las ayudas y los concesionarios de coches

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-Os concesionarios adheridos ao Plan re-Móvete posto en marcha pola Xunta de Galicia seguen tramitando as axudas autonómicas para dinamizar a compraventa de vehículos na Comunidade Autónoma a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que vén de firmar recentemente a orde pola que inxecta 2.000.000 de euros máis ao orzamento destinado a esta iniciativa. Estes dous millóns de euros súmanse aos 8.000.000 de euros que xa estaban en vigor e elevan o orzamento actual ata os 10.000.000 de euros.

A normalidade coa que se ben efectuando a tramitación destas axudas queda demostrada polo dato que reflicte que dende este luns ata a media mañá de hoxe o Igape rexistrou máis de 700 novas solicitudes de axuda.

A Consellería de Economía e Industria, a través do Igape, está cumprindo ademais de forma escrupulosa cos prazos de pagamento destas axudas pactados cos representantes do sector. De tal xeito, que a principios desta semana procedeuse cunha orde de pagamento e está previsto outra máis na derradeira semana deste mesmo mes de agosto.

A Consellería de Economía e Industria e o Igape seguen a apoiar e estimular as compras de vehículos na Comunidade Autónoma, tal e como se fixo ata o de agora. As axudas impulsadas polo Goberno autonómico teñen situado a Galicia, durante os dous últimos meses, nos postos de cabeza do Estado en canto a número de matriculacións e dan resposta ás numerosas peticións de axuda que chegan dos concesionarios adheridos a este plan pensado por e para Galicia e que tan bos resultados está obtendo. Con este novo impulso ao sector o Goberno da Xunta, a través da Consellería de Economía e Industria e do Igape, manteñen o seu compromiso para continuar dinamizando un dos sectores estratéxicos da economía de Galicia.

O Plan re-Móvete, pensado por e para Galicia, naceu consensuado con todo o sector da automoción tras celebrar diversas reunións co director da factoría PSA Peugeot-Citröen, cos concesionarios e co clúster do automóbil.

As axudas recollidas non Plan-re-Móvete superan en ata un 300% ás do Plan 2000E presentado polo Goberno Central, co que ademais é compatible. No caso dos vehículos comerciais, as axudas ascenden ata 1.500 euros para os sectores prioritarios, e son superiores ás aboadas por calquera país da Unión Europea así como polo resto das comunidades autónomas españolas.

Para os vehículos de turismo, as axudas para un vehículo medio dun valor de 15.000 euros aumentan un 40% con respecto ao plan do Goberno central, xa que aqueles vehículos cun prezo de entre 10.000 e 30.000 euros reciben unha axuda directa de 700 euros, mentres que os de valor inferior a 10.000 teñen unha subvención de 500 euros.