24 abril 2009

El miércoles : Feijóo visita
a don Juan Carlos

MADRID (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, será recibido en audiencia pola Súa Maxestade El-Rey, Don Juan Carlos, o vindeiro mércores, 29 de abril. O encontro terá lugar ás 17,00 horas no Palacio da Zarzuela, a residencia oficial do Monarca. Trátase do primeiro encontro que o máximo mandatario galego mantén coa Súa Maxestade, logo da súa toma de posesión, o pasado 18 de abril.