MOS(MORRAZO-tribuna) .- A concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro informou da posta en marcha do servicio de Transporte 065 para persoas con mobilidade
reducida ou discapacidade. O servicio, promovido pola Xunta de Galicia, entrou en vigor no municipio de Mos o pasado martes 21 de abril.
O Transporte 065 supón unha axuda para a mobilidade persoal de individuos con discapacidade ou dependentes. Segundo informou Loureiro, “estas persoas poderán viaxar cun acompañante e o servicio consta de vehículos adaptados ás necesidades dos pasaxeiros, con cuidador os 365 días do ano, para calqueira tipo de traslado coma ir ó banco, á farmacia, ó hospital, etc.”.
As persoas interesadas en ser beneficiarias desta axuda deberán ser residentes en Galicia, ter recoñecido un grado de minusvalidez do 65% ou superior e a imposibilidade de empregar o transporte urbán. “Os demandantes mosenses do servicio Transporte 065 deberán pedir cita coa Asistente Social do Concello, quen lles entregará un informe no que conste a imposibilidade de uso do transporte colectivo e á súa vez lles facilitará o formulario de solicitude do servicio 065”, tal e como explicou a concelleira Julia Loureiro.