A GUARDA (MORRAZO-tribuna) .-O vindeiro luns, 27 de abril, Consultora Galega, empresa encargada da redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) da Guarda, vai presentarlle ós grupos políticos con representación municipal o documento de traballo que elaborou e que deberá someterse a informe previo da Consellería.
A tal efecto, o Alcalde da Guarda cursou a invitación ós portavoces de tódolos grupos para que a fagan chegar a tódolos concelleiros e concelleiras. En dita reunión Consultora Galega dará a coñecer as liñas mestras do documento, que é basicamente técnico e que responde, pensamos, ás necesidades que ten este pobo e que dende o equipo de goberno lles fixemos chegar ó equipo redactor.
"Nesta etapa que agora se abre queremos que os concelleiros e concelleiras, representantes do pobo, coñezan o documento no que traballou ata agora Consultora para que participen activamente no proceso de mellora do mesmo. No transcurso de dita reunión imos facerlle, a tal efecto, a invitación ós restantes grupos políticos para facer reunións periódicas para perfeccionar, se cabe, este documento, de xeito que chegue á aprobación inicial o máis consensuado posible.
Cumprimos ademais os prazos da subvención que obriga a xustificar con documentos elaborados os traballos feitos. No pasado, a anterior corporación perdera a subvención por incumprimento de prazos", dixo a MORRAZO-tribuna o alcalde Xosé Manuel Domínguez Freitas.