24 abril 2009

Más maquinas para Deputación : Louzán presenta un nuevo esfuerzo



VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Deputación, Rafael Louzán, presentou hoxe un novo equipo de tres máquinas que reforzarán o servizo de limpeza e mantemento das de estradas da provincia.
Recepcionou, concretamente, unha retroescavadora (71.583 euros); unha motoniveladora (178.640 euros); e un camión quitaneves con repartidor de sal (150.800 euros). En total, o organismo investiu 401.023 euros nestas novas dotacións.
“Estas máquinas permitirán realizar un mellor traballo e unha maior seguridade para os traballadores”, afirmou o presidente. “O camión quitaneves foi adquirido no mes de setembro do ano pasado pero non se puido recepcionar ata hoxe posto que leva unha serie de adaptacións á propia estrutura do camión”, puntualizou.
Estas novas máquinas súmanse á recente adquisición de catro desbrozadoras nas que se investiron 82.000 euros.
Louzán considera que a renovación das máquinas que se vaian deteriorando “é o camiño a seguir, todos os anos é preciso renovar aquelas que xa teñan unha antigüidade importante no parque”.