COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, destacou hoxe o compromiso “firme” do Goberno galego de traballar a reo para conseguir cambiar a tendencia de incremento do paro en Galicia, unha situación que, segundo remarcou, o Executivo autonómico “xamais ocultará por moito que doa”. “Este Goberno chega con moitas ganas de cambiar esta tendencia, e co compromiso de elaborar un plan de choque no que interveñan todas as consellerías implicadas, un plan previamente presentado e consensuado cos axentes sociais”, afirmou Mato. “Porque este é o momento do diálogo e dos grandes consensos. O momento para que todos os que temos que ver coa situación económica do país poñamos toda a carne no asador”, engadiu.
A conselleira, quen cualificou de “espeluznantes” os datos da Enquisa de Poboación Activa feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística, salientou que Galicia rexistra hoxe unha taxa de paro catro puntos superior á que atopou o Goberno bipartito cando chegou ao poder. “Recollemos unha herdanza na que hoxe hai un 50% máis de parados que hai un ano, e un compromiso incumprido de creación de emprego”, destacou.