PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Fin de semana de congreso para os socialistas galegos na cidade de Pontevedra e resulta que o oficialista Pachi Vázquez déulle este venres pola grandilocuencia para animar aos seus. Tanto que botou man da canción do nunca mais...
Manuel Vázquez, ata fai uns días conselleiro de Medio Ambiente e candidato á secretaría xeral do PSDEG, asegurou hoxe que, tras a perda das eleccións do 1 de marzo, os socialistas galegos «non imos fallar nunca máis». Antes de comezar o congreso extraordinario que elixirá nova dirección, Vázquez apuntou que a asemblea, que se celebra no centro cultural de Caixanova de Pontevedra, suporá «un punto de inflexión».
Con el, «terminamos -dixo- cunha situación dolorosa», a perda das eleccións, pero o congreso é «un punto novo de partida, con ganas de ser unha alternativa real para este país, de seguir defendendo un ideario ao que non renunciamos nin un milímetro», á vez que dixo que os socialistas están convencidos de que o seu é «un gran partido e a única alternativa real para que Galicia cambie».