24 abril 2009

Riesgo Boluda deja el Concello de Vigo y pasa a ser secretario xeral de la Consellería de Economía e Industria

VIGO (MORRAZO-tribuna) .- Deixa ao Concello de Vigo sen secretarario xeral... Foi Javier Guerra, novo conselleiro de Economía quen convenceu a José Riesgo Boluda para deixar de ser secretario xeral do Concello de Vigo e pasar a ocupar a Secretaría Xeral da Consellería de Economía e Industria.
Riesgo Boluda é licenciado en Dereito pola Universidade Autonóma de Madrid e arrincou o seu labor na administración na Deputación de Alacante. Foi conselleiro técnico da Dirección Xeral de Administración Local, no Ministerio de Administración Territorial e xerente territorial do Centro de Xestión Catastral e Cooperación Tributaria. Tamén exerceu como secretario xeral dos concellos de Cangas, Redondela e Vigo, este último lugar onde traballaba na actualidade desde o 2002.
Ademais de Riesgo Boluda, tamén foi aprobado onte pola Xunta o nomeamento do letrado vigués José Norberto Uzal como novo Director Xeral de Administración Local.