24 abril 2009

Jorquera quiere que el Estado meta mano en los sablazos de la banda ancha...

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que lle pregunta ao Goberno se levou a cabo unha investigación, através do órgao correspondente, sobre os elevados prezos da banda ancha no Estado españo, moi superiores á media europea.

Por que os prezos máis altos en banda ancha e telefonía móvil?

Ademáis, quer saber que medidas adoptou o Ministerio de Industria para normalizar esta situación xa que “non é a primeira vez que a UE advirte sobre os altos custes do acceso ás novas tecnoloxías no Estado, así como no relativo á telefonía móvil”.

O deputado do BNG diríxese ao Ministerio para que explique a súa posición sobre as conclusións recollidas no Informe da Comisión Europea sobre as Telecomunicacións do ano 2008. “Que lle parece ao Ministerio que o Estado español rexistre uns custes de banda ancha moi por riba da media europea?”.

O pior, o operador dominante, a ex empresa pública Telefónica

Jorquera menciona algunhas das conclusións de dito Informe que dí que o prezo mensual medio da banda ancha no territorio español é de 45,83 euros, un 24% máis caro que a media europea.
No concreto, sinala, “chama a atención o desmesurado prezo do operador dominante, Telefónica, que se sitúa nun 56% por riba do prezo medio dos operadores de referencia da UE. O Informe indica que o custe mensual por banda ancha máis voz, no tramo de velocidade media, de Telefónica é de 59,9 euros ao mes, mentras que a media entre os operadores de referencia da UE está en 38,3 euros mensuais”.
O Estado español está no posto 12 da UE no acceso a internet


Incluso, puntualiza, a oferta máis barata no Estado é un 11,7% máis cara que a máis económica do mercado europeo.
Para o parlamentar nacionalista “os altos custes poderían ser unha das razóns de que o acceso a Internet no Estado español estea por debaixo da media europea. Segundo os últimos dados de Eurostat, o Estado español está no posto número 12 en canto a acceso a Internet, o 51% dos fogares españois teñen acceso á Rede mentras que a media europea está nun 60%.

Francisco Jorquera pregunta ao Goberno a que causas atribúe o feito de contar os prezos máis altas en banda ancha e na telefonía móvil. Ademáis, quer o Goberno detalle, diferenciado por CC.AA, os dados de acceso a banda ancha.