24 abril 2009

En xogo Copa Vergauwen, un evento a prol da igualdade de oportunidades

VIGO (MORRAZO-tribuna) .- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou hoxe a Copa André Vergauwen que reúne desde hoxe na nosa cidade aos mellores equipos de Europa de baloncesto en cadeira de rodas. O nacionalista salientou na súa intervención que “é un acontecemento deportivo a prol da igualdade de oportunidades de todos e todas”.

Santi Domínguez manifestou que os homes e mulleres que hoxe iniciaron a competición “sodes o mellor exemplo de que é posible á práctica deportiva para todas as persoas, independentemente de cales sexan as súas condicións”. A este respecto quixo agradecer traballo, esforzo e dedicación de todos os participantes polo fomento do deporte.

O tenente de alcalde quixo tamén sinalar que Vigo é unha cidade que sempre se ten caracterizado polo apoio ás persoas con discapacidade para que poidan prácticar deporte. Especial referenza fixo ao traballo desenvolvido polo Amfiv, a quen dexesou os mellores resultados nesta competición.

Na André Vergauwn participan, ademáis do Amfiv, MK Aces inglés, Santa Lucía, Padova Milenium, Santo Estéfano, Anmic Sassari, Sandra Gran Canaria e Besiktas turco.