COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- Pouco a pouco a cousa vai indo...O Consello da Xunta aprobou o nomeamento de corenta altos cargos, «aproximadamente o 70%» dos que finalmente terá o novo Executivo autonómico, segundo anunciou o presidente Alberto Núñez Feijóo.
Os nomeados son doce mulleres e vinte e oito homes que «non son nin do presidente nin dos conselleiros, senón do Goberno», e segundo dixo Núñez Feijóo, tivose en conta que fosen «persoas cualificadas, xestores con experiencia nos asuntos públicos».
Aos nomeamentos anunciados no día de onte da nova responsable da asesoría xurídica, María Cayetana Lado Castro-Rial; a responsable de Igualdade, Marta González Vázquez e a responsable de Innovación e Modernización, María do Mar Pereira Álvarez, que dependerán directamente de Núñez Feijoo, agora engadíronse, entre outros, os nomes da interventora xeral, que será Elena Muñoz Fonteriz.
Os deputados populares, José Manuel Álvarez Campá e Susana López Abella serán presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia e secretaria xeral de Benestar, polo que tamén deberán deixar o seu lugar na Cámara galega.
Os deputados da pasada lexislatura Ángel Bernardo Tahoces e Roberto Castro serán, respectivamente, director xeral de Industria, Enerxía e Minas e director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias.
Para a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, o Goberno galego nomeou a Jesús Gamallo, que xa desempeñou un cargo similar na última etapa da Xunta de Manuel Fraga.
Para dirixir a loita contra os incendios forestais, Feijóo designou a Tomás Fernández Couto.
En canto aos número dous de cada Consellería, o de Presidencia corresponderá a Beatriz Cuiña Barja, actual vicegerenta da Universidade de Vigo no campus de Ourense; o de Facenda será para Rosa María Pedrosa Pedrosa, actualmente xefa do Servizo de Fiscalización e Contabilidade na Intervención delegada da ex Consellería de Política Territorial.
José Antonio Fernández Vázquez, que ata hoxe era letrado asesor da Consellería de Presidencia, será o novo secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, mentres que José Riesgo Boluda, ata hoxe secretario xeral do Concello de Vigo, o será da Consellería de Economía e Industria.
Para número dous da Consellería de Educación, o Goberno galego nomeou a José Luis Vázquez Fernández, e para a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade nomeou a Roberto Pérez López, quen no seu día foi director xeneral de Recursos Humanos do Insalud.
A Secretaría Xeral da Consellería de Traballo e Benestar será para Cristina Ortiz Dourada, letrada da Xunta; a de Medio Rural para Jorge Atán Castro, actual representante do Fogga nas reunións de Coordinación de fondos agrícolas do Fega.
Francisco José Vidal-Pardo e Pardo foi nomeado secretario xeral da nova Consellería do Mar, e Antonio Fernández-Campa García-Bernardo desempeñará o cargo de número dous na Consellería de Cultura e Turismo.