Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- No día de onte, 30 de xullo, iniciouse no Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda o tratamento da fracción de rexeitamento dos envases de medicamentos seleccionados previamente na planta Sigre. Desta forma cúmprese o establecido no marco da Autorización Ambiental Integrada (AAI), concedida a esta empresa pública con data 30 de abril de 2008 pola Consellería de Medio Ambiente, segundo a cal, polas súas características, estes materiais considéranse asimilables a urbanos. A entidade comezou co tratamento dos mesmos, someténdoos a un proceso de valorización enerxética, tal e como recomenda a normativa vixente. As cantidades a xestionar son moi pequenas, situándose na contorna das 1.700 toneladas anuais, o que representa o 0,21% do total de residuos urbanos recibidos nas súas instalacións.
Este proceso non implica risco algún para os traballadores, tendo en conta que non teñen contacto con estes residuos. Non entanto, o Comité de Empresa, coincidindo co primeiro día de actividade no Complexo respecto ao tratamento dos rexeitamentos Sigre, presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo, cuxos representantes desprazáronse ata as instalacións co fin de comprobar in situ o proceso industrial de xestión. Analizada a situación e, tras constatar a ausencia de riscos, a Inspección autorizou á empresa a que continuase co seu labor.
Ademais do equipamento habitual dos operarios para a execución deste traballo, optouse pola conveniencia de que, a maiores, dispuxesen dunhas luvas especiais, que só serían necesarias no caso de atascos en caldeira que requiran de intervención manual. Na planta de clasificación SIGRE, ubicada no polígono industrial de Cerceda, se recepcionan os envases e restos de medicamentos fóra de uso procedentes dos botiquíns domiciliarios que a cidadanía deposita nos puntos específicos ubicados nas oficinas de Farmacia. Nesta instalación, pioneira en Europa, lévase a cabo a selección dos materiais susceptibles de ser reciclados (papel/cartón, vidro, plástico, etc), enviando a xestores autorizados os catalogados como citotóxicos e citostáticos. Pola súa banda, a fracción de rexeitamento (asimilable a urbano) remítese a Sogama.
Faise preciso sinalar que, a día de hoxe, aínda nun gran número de vivendas (80%), os restos de medicamentos séguense depositando na bolsa negra, seguindo, no caso de Sogama, o itinerario e tratamento previsto para esta, é dicir, a valorización enerxética. Malia que durante moito tempo o bipartito continuou coa práctica habitual de remitir os rexeitamentos da planta Sigre ao vertedeiro controlado de Areosa, alegando que as instalacións do Complexo non estaban preparadas tecnicamente para procesar este material, o certo é que nestes momentos non houbo necesidade levar a cabo ningunha adaptación de tipo técnico, o que demostra claramente un absoluta falta de vontade respecto ao tratamento idóneo que, desde o punto de vista ambiental, debe recibir esta fracción de residuos.
Referencia histórica
O 15 de abril de 2002, subscribiuse un contrato entre Danigal (empresa que xestiona a planta de clasificación Sigre) e Sogama para a xestión dos residuos de envases de medicamentos considerados urbanos e asimilables. Ata o 30 de abril de 2008, data na que a Consellería de Medio Ambiente concedeu a Sogama a Autorización Ambiental Integrada, esta fracción de residuos estívose depositando no vertedeiro de residuos non perigosos de Areosa, unha medida que, sen ser a mellor opción, axustábase á legalidade vixente. No entanto, a AAI incluía unha limitación das tipoloxías de residuos que a Sociedade pode tratar nas súas instalacións, non permitindo o depósito da fracción de rexeitamento Sigre no vertedeiro de residuos non perigosos. Malia todo, a entidade continuou utilizando esta infraestrutura desde o 1 de maio de 2008 ata o 22 de xaneiro de 2009, incumprindo claramente cos requisitos da AAI.
Nestes momentos Sogama iniciou o proceso de valorización enerxética destes materiais, unha actuación que vai máis aló do cumprimento legal, temendo que o Sigre, ao non dispoñer deste servizo nas proximidades da súa planta de selección de Cerceda, procedese a pechar esta instalación, ubicándoa noutro lugar, co cal correrían perigo os postos de traballo adscritos á mesma.