21 abril 2009

Deputación de Pontevedra ve con buenos ojos el plan de transporte público transfronterizo

Dentro do plan de cooperación con Coopminho, que ascende ós 250.000 €
A DEPUTACIÓN APOIA UN PLAN DE TRANSPORTE PÚBLICO TRANSFRONTEIRIZO NO QUE SE INVESTIRÁN 172.000 EUROS

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o alcalde do concello de As Neves, Raúl Emilio Castro, acudiron o pasado xoves, acompañados por responsables do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, ó acto de instalación do Consello Directivo da Asociación de Dereito Público Uniminho para o vindeiro mandato, na sede da Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho, en Valença do Minho.
A primeira xuntanza de funcionamento do Consello Directivo do mandato, propoñéndose a análise e discusión das aprobacións do Regulamento do Consello Directivo, do Regulamento de Organización e Funcionamento dos Servizos e do Sistema de Control Interno e Anexos.
As decisións máis importantes, non obstante, foron a aprobación das Grandes Opcións do Plano e Proposta de Orzamento para o ano 2009 e a definición do proxecto Coopminho, cofinanciado polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, que ten por obxecto promover a misión da entidade. No 2009, destinaranse 7.500 euros para esta actividade. Por outra banda, búscase reforzar a capacidade técnica de Uniminho. Con ese fin destinaranse preto de 9.500 euros.
Crearase, así mesmo un Centro de Información Transfronteiriza. Neste ano levarase a cabo a adquisición de servizos, que irán acompañados da edición dun boletín informativo. Estas accións suporán o investimento de 15.000 euros. Por último, traballarase na concepción dun plano de transportes públicos do Val do Miño Transfronteirizo, que contará cunha achega de 172.110 euros.