20 abril 2009

El Gobierno exlica ahora que ya encargó el alquitrán para la carretera O Porriño-Redondela

O GOBERNO RESPOSTA A DAVILA QUE ESTÁ REDACTADO O PROXECTO DE REFORZO DO FIRME ENTRE REDONDELA E PORRIÑO, DESDE O PUNTO QUILOMÉTRICO 142 AO 156
A deputada do BNG demandaba ao Ministerio o acondicionamento da N-550 ao seu paso por Mos, entre os puntos kilométricos 148 e 155, porque as obras feitas polo Ministerio non contempl

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O Ministerio de Fomento vén de respostar á demanda da deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, que está en “redacción o Proxecto de Seguridade Vial e rehabilitación do firme entre Redondela e Porriño (puntos quilométros do 147 ao 152).

Ademáis, Fomento sinala que está redactado o Proxecto de “Reforzo e Rehabilitación do firme. Redondela-Porriño (puntos quilométricos 147-152).

O BNG pón de manifesto que os proxectos non contemplan todos os quilómetros necesitados de mellora

A deputada do BNG dirixíase ao Ministerio para demandarlle o acondicionamento e mellora da N-550 ao seu paso por Mos, en concreto entre os puntos quilométricos 148 e 155, xa que as obras realizadas por Fomento “resultaron insuficientes porque nos sete quilómetros mencionados aínda non fixo nada”.

Davila pón de manifesto o deterioro da N-550 ao seu paso polo concello de Mos até tal punto que a converteu nunha vía insegura e cun alto nivel de siniestralidade. “O estado do firme desde o punto quilométrico 148 ao 155 é lamentábel. Ao que hai que engadir a falla de iluminación e beras rúas”.
Razón pola que pede ao Ministerio que atenda as demandas veciñais e leve a cabo as actuacións necesarias nos sete quilómetros aludidos.