Os nacionalistas consideran unha cobardía política a negativa do concelleiro Alberto Novoa a dar explicacións no Pleno sobre a sua xestión na Televisión
O BNG denuncia a "manipulación da TV Municipal por parte do Partido Popular de Salvador Solla"
PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- O BNG de Ponteareas denunciou a manipulación que o Partido Popular ven facendo da Televisión Municipal, TV “ocupada” polo goberno municipal do PP, emitindo información cáseque en exclusiva da acción do goberno, negándose a retransmitir os plenos, sin ningunha pluralidade nin debates nos que participen todas as forzas políticas da corporaciòn, buscando sempre ocultar ao BNG, para evitar a presenza na televisión municipal que lle corresponde, como pirmeira forza política da corporación.
Bolívar González, Portavoz municipal do BNG, considerou a negativa de Alberto Novoa a comparecer no Pleno para dar explicacións sobre a súa xestión, como concelleiro responsábel da Televisión Municipal como, “un acto antidemocrático e de cobardía política, negándose a dar explicacións a todos os veciños, que son os que lle financian a Televisión Municipal e lle pagan o seu soldo cos impostos”.
González acusou directamente ao concelleiro do Partido Popular, Alberto Novoa, “de actuar na Televisión Municipal do mesmo xetio que o facía Castro no seu tempo, con ataques á oposición, sin opción de respostar nin debater e con programas que só se dedican a realizar gabanzas do governo municipal do PP”.
Bolívar González considera que Novoa só se preocupa por manipular a Tv. Municipal, poñendoa ao servizo do PP como aconteceu de xeito descarado nas pasadas eleccións autonómicas nas que incluso chegaron a emitir un debate na xornada de reflexión, coa participación de dirixentes do PP e declaración de coa Núñez Feijoo. Os nacionalistas denuncian que "O PP está “regalando” ás horas de máxima audiencia a canles de televisión con sede en Madrid, que transmiten os posicionamentos da extrema dereita madrileña, que controla o Partido Popular".
Os nacionalistas anuncian que van presentar unha moción ao Pleno para obrigar ao Partido Popular e ao concelleiro Alberto Novoa, responsábel da TV municipal, a debater sobre a sua programación, personal e financiamento.