21 abril 2009

Insólito : antes de hacer nada, los nuevos conselleiros de la Xunta piden ir al Parlamento a dar cuenta de lo que quieren hacer...

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, solicitou hoxe ao director xeral de Relacións Parlamentarias que “faga as xestións oportunas” para tramitar as comparecencias dos novos conselleiros do Goberno galego no Pleno da Cámara para informar dos “obxectivos e liñas xerais de actuación política” dos departamentos que dirixen.
Deste xeito, Alfonso Rueda comparecerá a petición propia no Pleno da Cámara para abordar as liñas estratéxicas da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; Marta Fernández Currás, fará o propio como titular de Facenda; Agustín Hernández Fernández de Rojas exporá os obxectivos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; Javier Guerra Fernández explicará as liñas estratéxicas da Consellería de Economía e Industria; Jesús Vázquez Abab abordará a actuación política do departamento de Educación e Ordenación Universitaria; Pilar Farjas Abadía abondará nos obxectivos da Consellería de Sanidade; Roberto Varela Fariña, informará dos retos da Consellería de Cultura e Turismo; Beatriz Mato dará conta da actuación política a realizar na área de Traballo e Benestar; Samuel Jesús Juárez, explicará os principais proxectos da Consellería do Medio Rural; e Rosa Quintana fará o propio respecto á Consellería do Mar que dirixe.