O movemento veciñal de Vigo estrea esta fin de semana un novo programa cultural: Interbarrios “cultura en movemento” financiado pola Deputación de Pontevedra. Interbarrios supón a posta en marcha dun circuíto cultural que percorrerá as distintas asociacións veciñais da cidade con actuacións e espectáculos das máis variadas modalidades. Este circuíto está intregado polas agrupacións artísticas e deportivas que a diario se forman nas asociacións veciñais, que terán oportunidade de achegar o seu traballo a toda a cidadanía e coñecer a actividade doutras asociacións.
-O movemento veciñal de Vigo convida a toda a cidadanía a achegarse ás asociacións veciñais a gozar da cultura e participar dos numerosos espectáculos programados. A entrada é completamente de valde.
Programa
Sábado 4 de abril
Lugar: A.V. Cabral (Avda. Sta. Mariña 95), 19.00 horas
Grupo de batuka da U.V.C.D. Candeán
Grupo de Danza Moderna da U.V.C.D. Candeán
Grupo de baile tradicional “Contomeleiros” da U.V.C.D. Candeán
Grupo de Guitarra “A.V. A Miñoca”
Grupo de Tai-Chi “A.V. A Miñoca”
Pandereteiras “Chourouvía” da A.V. Cabral
Exhibición do grupo patinaxe da A.V. Cabral
Grupo de Kung-Fu da A.V. Cabral
Sábado 18 de abril
Lugar: A.V.C.D. “Monte da Mina” de Castrelos (r/Monte da Mina 16), 19.00 horas
Grupo de baile tradicional “Noutrora” da A.V. “O Carballo” de Sárdoma
Pandereteiras “Trécolas” da A.V. “O Carballo” de Sárdoma
Grupo de baile tradicinal “A Buxaina” do C.R.A.C. de Coruxo
Grupo “Cordas Novas” do C.R.A.C. de Coruxo
Escola de acordeóns “Monte da Mina” de Castrelos
Grupo de gaitas da A.V. “Monte da Mina” de Castrelos
Lugar: S.V.C.D. “Nautilius” de S. Andrés de Comesaña (Cmño. Sanín 54), 20 horas
Grupo de cordas clásicas C.S.C.R. de Beade
Pandereteiras “Volta do Demo” do C.S.C.R. de Beade
Cantareiras “Bouzacoba” da A.V.C.D. O Freixo
Grupo de gaitas “Os Tabáns” da A.V.C.D. O Freixo
Grupo tradicional “Nautilius” da A.V.C. Comesaña