Por sorpresa y al mejor estilo de "el que venga detrás que arree...", la conselleira -hasta este fin de semana- María Xosé Caride, optó por dejar el muerto a su sucesor, Agustín Hernández, pero eso sí, sembrándole el campo con la semilla que a continuación sigue en forma de nota pública en la web de la Xunta y comunicado a los alcaldes de Cangas, Moaña y Vigo. Pilatos no lo hubiese hecho mejor. Pasen y lean...
A CPTOPT INFORMA AOS CONCELLOS DE CANGAS, MOAÑA E VIGO DA POSIBILIDADE DE ESTABLECER UN SERVIZO DE TRANSPORTE PÚBLICO NA RÍA A PARTIRES DE DECEMBRO
Logo da consulta da Dirección Xeral de Transportes perante a Comisión Europea, esta ven de confirmarlle á Xunta de Galicia que o novo Reglamento (1370/2007) do Parlamento Europeo abre a posibilidade de que o transporte marítimo entre Vigo e o Morrazo sexa considerado un servizo público. Deste xeito, a partires do vindeiro día 5 de decembro deste ano (data na que entrará en vigor o citado Reglamento) a Xunta de Galicia poderá establecer un servizo de transporte público marítimo entre Vigo e Cangas e Moaña e que este non quede supeditado unicamente aos criterios de rendibilidade económica que agora aplican as empresas privadas por ser un servizo liberalizado, tal como impuxo no seu día unha sentenza da Unión Europea. Para isto o Goberno autonómico deberá convocar previamente un concurso acorde co novo Reglamento e que resulte beneficioso para os usuarios.
Esta solución materialízase logo das múltiples xuntanzas de traballo e entrevistas de carácter técnico que a Consellería de Política Territorial -a través da Dirección Xeral de Transportes e en colaboración co Goberno de España- ven mantendo nos últimos meses con responsables da Comisión Europea para acadar unha solución definitiva ao transporte de ría que agora se confirma.
A conselleira de Política Territorial en funcións, María José Caride, ven de informarlles aos alcaldes de Cangas, Moaña e Vigo do novo escenario que se abre para o transporte marítimo e que garantirá plenamente a instauración dun servizo público, xa que cumpre cos requisitos establecidos no novo Reglamento.
Dito Reglamento, segundo ven de aclarar a Comisión Europea ao Goberno de España a raíz dunha consulta expresa da Xunta de Galicia, o transporte entre Vigo e Cangas e Moaña cumpre cos catro requisitos establecidos na nova normativa para ser considerado un transporte público:
1-Un servizo público pode ser proporcionado soamente se hai proba de que o mercado é insuficiente: A redución de servizos nas liñas de Vigo con Cangas e Moaña avalan este requisito.
2-O Reglamento 1370/2007 pode soamente aplicarse ao transporte marítimo por vía marítima nacional integrado nunha rede local de transporte: Tamén o cumpre por estar incluído no plan de transporte metropolitano de Vigo e a súa área de influencia.
3-O Reglamento soamente se aplica ao transporte de pasaxeiros: Tal é o caso do transporte de ría entre as dúas ribeiras.
4-A exclusividade pode concederse como forma de compensación para servizos de transporte marítimos urbanos e suburbanos por vía marítima nacional: Requisito que tamén cumpren as liñas que comunican Cangas e Moaña con Vigo.
Esta medida será complementaria ao convenio que a CPTOPT ten redactado para subvencionar aos usuarios do transporte da ría de Vigo, o mesmo que ao resto dos usuarios do Transporte Metropolitano de Galicia.
Ambas iniciativas, o convenio de subvención aos usuarios e o concurso de servizo público, darán solución definitiva a este transporte.
Polo tanto, o goberno entrante ten as solucións iniciadas, e de xeito inmediato poderá aprobar o convenio de impulso ao transporte coa rebaixa dos prezos aos usuarios, especialmente relevante nestes momentos de dificultade económica. Así mesmo poderá iniciar a convocatoria dun concurso público que permita, ao abeiro do Regulamento 1370/2007, a definición de frecuencias, horarios, e prezos de transporte, garantindo e mellorando os servizos dentro do marco regulamentario existente (é dicir, cun prazo máximo de concesión de dez anos prorrogable como máximo pola metade deste período).
A CPTOPT ten 7,15 millóns de euros dotados orzamentariamente para financiar aos usuarios deste servizo e potenciar o transporte sostible na ría de Vigo, ademais da tramitación completa do convenio de colaboración entre a Consellería e os concellos de Cangas e Moaña.