21 abril 2009

Padres de Alumnos piden a Deputación que les echen una mano en los programas sociales y deportivos

LOUZÁN COMPROMÉTESE COA FEDERACIÓN PROVINCIAL DE APAS A ENCAIXAR AS SÚAS DEMANDAS NOS PROGRAMAS DEPORTIVOS, SOCIAIS E CULTURAIS DA DEPUTACIÓN

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Deputación, Rafael Louzán, recibiu hoxe á presidenta da Federación Provincial de APAS, María José Rodríguez, que solicitou a colaboración da institución na organización de diversas actividades a nivel provincial.
Trala reunión, Louzán manifestou o seu compromiso de tratar de “encaixar as demandas do colectivo nos programas sociais, deportivos e culturais que xa promove a Deputación”. Mencionou, concretamente, as iniciativas “Coñece a túa provincia”, “Coñece o Museo de Pontevedra”, etc.
María Jose Rodríguez propuxo a sinatura dun convenio de colaboración entre ambas entidades para a organización de ludotecas nas épocas nas que non hai clase co obxecto de conciliar a vida laboral e familiar. “Este servizo debería ter un horario amplo para evitar as incompatibilidades laborais dos pais co horario destas actividades”.
Campamentos de inglés
Tamén propuxeron a organización de clases de inglés a nivel oral para os alumnos de ensinanza obrigatoria e incluso para os de bacharelato “este formato podería levarse a cabo mediante campamentos urbanos de verán”, afirmou Rodríguez. Así mesmo, plantexou a posibilidade de celebrar cursos de lingua española e galega para alumnos inmigrantes; cursos de formación para os pais; ou a organización de conferencias, intercambios de nenos entre o rural e a costa, entre outras accións. Con respecto a este asunto, Louzán informou á presidenta da Federación de APAS de que a Deputación xa ten previsto organizar este verán uns campamentos de inglés en Príncipe Felipe.
A presidenta da Federación Provincial de APAS considera que un convenio a nivel provincial “deixaría patente o interese da institución pola Escola Pública, posto que aínda que si fai intervencións, desgraciadamente non se coñecen tanto como sería desexable”.
Por outra banda, María José Rodríguez solicitou a colaboración da Deputación na consecución dun local para a Federación de APAS “xa que o local actual está moi ben situado pero é pequeno”. En dous anos pasamos de ter 48 APAS a 133 que están aglutinadas hoxe na federación”.