20 abril 2009

Convocatoria : iniciativa en Vigo para reflexionar sobre la triste situación de los sin techo...

O martes 21 de abril ás 11:00 horas terá lugar na Praza da Constitución, en Vigo, un acto sociocomunitario en lembranza das 22 persoas sen teito que faleceron o pasado día 13 a causa dun incendio nun albergue en Polonia.
Dende a Praza da Constitución camiñaremos polas rúas do Casco Vello ata un edificio que sufriu recentemente un incendio. Alí faremos 3 minutos de silencio en homenaxe ás víctimas de Polonia, a todas as persoas que sofren as consecuencias dos frecuentes incendios en casas abandonadas na nosa cidade e tamén a unha compañeira do programa Sere@s do Casco Vello que vivía na rúa e que faleceu hai uns días no hospital.
Finalmente insistiremos, unha vez máis, na urxente necesidade da posta en marcha do Centro de Emerxencia Social en Vigo.
Convocan:
Asamblea Permanente de Persoas Sen Teito do Programa Sere@s do Casco Vello (Comité Óscar Romero/Concellería de Benestar Social do Concello de Vigo), Grupo de autoapoio O Imán (UAD Concello de Vigo) e Comunidade Parroquial Cristo da Victoria.