20 abril 2009

El BNG se congratula del éxito de sus asambleas comarcales y refrenda a su candidata al Parlamento Europeo

AS ASEMBLEAS COMARCAIS DO BNG REXISTARON UNHA PARTICIPACIÓN MASIVA E SEN PRECEDENTES NA HISTORIA DA FORMACIÓN NACIONALISTA
A candidatura proposta pola Executiva Nacional ao Parlamento europeu, encabezada por Ana Miranda, recibiu o apoio de máis do 92 por cento dos afiliados e afiliadas

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Arredor de 5.000 afiliados e afiliadas do BNG tomaron parte nas asembleas comarcais celebradas o pasado sábado en todo o país, o que constitúe unha participación masiva e sen precedentes na historia da formación nacionalista.

Esta mobilización da militancia nacionalista converte desde xa esta Asemblea Nacional na máis participativa da historia do Bloque Nacionalista Galego, un evidente sinal da vitalidade do nacionalismo galego e da súa decisión de enfrentar con vigor os retos do presente e do futuro.

As asembleas comarcais elexeron os 2.500 delegados e delegadas que tomarán parte na Asemblea e debateron as emendas ao Documento Político e ao Regulamento que rexerá o encontro nacional dos militantes que conforman o Bloque Nacionalista Galego.

O debate das emendas foi moi vivo e enriquecedor e puxo de manifesto o interese da militancia nacionalista por achegar as súas propostas e reflexións tanto ao Documento Político como ao Regulamento.

Asemade, as asembleas comarcais submeteron a debate e votación a candidatura ao Parlamento europeu proposta pola Executiva Nacional en funcións.

O apoio das asembleas comarcais á proposta da Executiva foi masivo, ao superarse o 92 por cento de votos favorábeis á lista que encabezará Ana Miranda e que terá como número dous a Alberte Souto, ex secretario xeral da Consellaría de Medio Rural.