21 abril 2009

Deputación de Pontevedra sigue apoyando la mejora de infraestructuras viarias


LOUZÁN E MANEIRO ACORDAN INVESTIR 571.353 EUROS NA MELLORA DA ESTRADA 8506 BAÑO-VALGA

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, asinaron hoxe un convenio de colaboración que terá por obxecto o ensanche e mellora da estrada provincial 8506 Baño (Valga).
Esta actuación terá un orzamento de 571.353,48 euros dos cales a Deputación asumirá 457.082 euros e o Concello de Valga os restantes 114.270 euros.
Maneiro manifestou a súa satisfacción porque con esta mellora vaise a cubrir unha das necesidades do concello. A primeira fase de ensanche e mellora desta estrada está xa executada e esta segunda fase permitirá rematar unha arteria importante do municipio que comunica as parroquias de Campaña e Cordeiro co propio Concello.
Pola súa banda, Louzán resaltou que con esta obra darase por rematada unha arteria moi importante do municipio que vai dende a estrada nacional de Pontevedra a Santiago ata a estrada da autonómica de Valga ata Vilagarcía. Así mesmo o presidente salientou que nesta vía de comunicación concéntranse servizos moi demandados polos cidadáns como son o instituto o colexio, a gardería, o centro de saúde.
A Deputación de Pontevedra asumirá a licitación, dirección, execución e recepción da obra contemplada no proxecto técnico
Pola súa banda, o Concello de Valga deberá poñer a disposición da Deputación os terreos necesarios para poder levar a cabo as obras así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas.