01 abril 2009

Exito del Foro de Turismo das Rías Baixas

Internet e as redes sociais permiten minimizar custes de marqueting e aumentar a rendibilidade dos negocios turísticos
EXPERTOS EN TURISMO COINCIDEN EN QUE AS EMPRESAS DEBEN APOSTAR POLA ESPECIALIZACIÓN E DIFERENCIACIÓN PARA SOBREVIVIR

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O uso de internet e, sobre todo, as redes sociais, é unha excelente oportunidade tanto para as empresas líderes a nivel nacional como para as pequenas e medianas empresa dedicadas ó turismo para interactuar cos seus potenciais clientes e para incrementar as súas vendas. A esta conclusión chegaron hoxe os catro poñentes, expertos e turismo e novas tecnoloxías que participaron no VI Foro de Turismo organizado polo organismo Autónomo Turismo Rías Baixas da Deputación Provincial de Pontevedra.
Os catro poñentes que participaron na xornada coincidiron, ademais, en que a audiencia está hoxe en internet, non nas grandes cadeas televisivas ou medios de comunicación. Así mesmo, apuntaron que para sobrevivir na situación actual de crise económica as empresas deben traballar na especialización e na diferenciación para ser competitivas e sobrevivir.
“Hoxe a xente utiliza internet para crear as súas propias viaxes e debemos aproveitar este momento para atopar a xente onde verdadeiramente está”, afirmou Pedro Jareño, director de comunicación de “minube.com”.
Aumento da rendibilidade dos negocios
Pedro Jareño considerou ademais que “ante toda crise hai unha oportunidade e creo que os empresarios vanse a dar conta de que “en internet é posible facer un traballo moito máis orientado con moitos menores recursos e obter moitísimo máis impacto e polo tanto mellores resultados”. Jareño entende que é necesario aproveitar estas ferramentas posto que “os custes de marqueting moito máis baratos que no mundo ofline e a rendibilidade e maior porque hoxe a audiencia está en internet, hoxe a xente utiliza internet para crear as súas propias viaxes”.
Non hai mellor lugar para promocionarse que a través destas ferramentas, afirmou Jareño “as redes sociais permiten ter un contacto diario e case cara a cara cos usuarios e hai que perder o medo a utilizar estes medios e aproveitalos”.
Aproveitar as sinerxías das redes sociais
Nicolás Bour, de “edreams.es” manifestou que “as empresas que non aposten por unha tecnoloxía forte e uns prezos moi competitivos van a sufrir moitísimo nesta crise”. Considera que os negocios turísticos deben apostar “pola venda de intanxibles, é dicir, marca e diferenciación. Temos cada vez que inxeniarnos apostar polo marketing, investir para diferenciarnos da competencia”.
Para Bour “ o concepto de viaxe está evolucionando ó chamado experiencias viaxeiras das que as empresas se poden beneficiar: vídeos colgados en youtube, redes sociais como facebook etc… “as empresas turísticas poden beneficiarse das redes sociais e produtos 2.0. Ábreselles unha oportunidade grande de crear unha marca, saber o que pensan os usuarios, de incrementar as ventas grazas á información sexa un hostal ou unha empresa líder a nivel nacional”.
Situación das axencias tradicionais fronte as on line
Tomeu Bennasar, director xeral de “logitravel.com” analizou como se vendían as viaxes tradicionalmente e como se está facendo agora nun entorno moi competitivo e coa aparición das novas tecnoloxías.
“As novas tecnoloxías presentan un abano de posibilidades e oportunidades para desarrollar o negocio e especializarnos. Hai que apostar polo que creas que pode beneficiar o teu negocio isto xera unha vantaxe competitiva”, afirmou.
Tomeu Bennasar considera que as axencias virtuais e tradicionais poden coexistir “porque son modelo de negocios diferentes, as axencias tradicionais están cerca do cliente e dan un servizo que as axencias on line é imposible que dean e iso é un valor moi forte”. Non obstante “si é certo que para reservar un hotel ou produtos que non precisan un valor engadido as on line teñen todas as de gañar porque teñen unha estrutura de custes moito máis reducida”.
O director xeral de “logitravel.com” asegurou que “as axencias tradicionais seguirán existindo pero ten que haber unha depuración porque en España existe un número excesivo”, considera que “as axencias que se especialicen en valores engadidos seguirán traballando ben polo valor engadido do trato humano.
Finalmente, comentou que “o novo turista busca prezo e valor engadido, hai que diferenciarse dalgunha maneira, por isto as punto com estamos apostando polas redes sociais polo 2.0 e por asegurar o prezo máis económico. Finalmente afirmou que a crise está acelerando o transvase da reserva ofline á reserva online

Dos intermediarios á “pesca de clientes”
Jaume Pons, director de Marqueting e Proxectos do Instituto Tecnolóxico Hoteleiro analizou cómo as empresas se están afrontando este novo reto do cambio de cliente. “O noso cliente vai a millas por diante das empresas, sobre todo en internet. Manexan una gran cantidade de información á que antes non era fácil acceder”.
Pons considera que o sector “ten que aprender a vender máis e mellor, estes últimos anos dependemos moito de intermediarios e agora hai que saír a “pescar os clientes” e hai ferramentas para saber onde están como interactúa e entender como funciona o cliente que fala un linguaxe máis tecnolóxico”.
O director de Marqueting e Proxectos do Instituto Tecnolóxico Hoteleiro entende que “ non nos temos que complicar moito, simplemente é unha nova forma de chegar ó cliente, hai que aprender esa nova linguaxe. As estatísticas confirman que os clientes están cada vez máis en internet, temos ferramentas que antes eran impensables dende colgar cun vídeo en youtube do noso hotel, fotos, a escoitar o que opinan os clientes dos nosos productos…. Etc”.
Non obstante Jaume Pons afirmou que o primeiro é ofrecer un bo produto “mire como ten a súa casa, escoite a demanda dos clientes e a partir de aí e podemos falar de marketing, de 2.0, de redes sociais etc” concluíu.