O Departamento de servizos sociais informa que está aberto o prazo para a solicitudes de Turismo social da Xunta de Galicia ata o próximo día 15 de abril de 2009.
O programa oferta:
Prazas de turismo termal
Prazas de turismo de intercambio con todo incluído.
Requisitos:
1.ser maior de 65 anos ou maior de 60 reunindo a condición de pensionista.
2.Residir na C.Autónoma de Galicia.
3.Valerse por sí mesmo, e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa en fase activa.
4.Non padecer trastornos mentais ou conductuais, non compensados, que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
5.Respecto as quendas de carácter termal, precisar os tratamentos solicitados e carecer de contraindicación para a súa recepción dos mesmos.
6.Efectuar a oportuna inscrición e pagamento do prezo estipulado.
7.Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder ao destino solicitado.
Para máis información nos servizos sociais de atención primaria do concello os luns, mércores e xoves de 09:00 a 13:00horas.
A Guarda, 30 de marzo de 2009
Teresa Vicente Baz
Concelleira de servizos sociais