23 abril 2009

Feijóo quiere verse con socialistas y nacionalistas para que le echen una mano en lo de la financiación

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, convocará aos portavoces do PPdeG, PSdeG e BNG para abordar o financiamento autonómico, co obxectivo de acadar un amplo consenso de todas as forzas políticas galegas en relación con este asunto.
O Goberno galego considera que a consecución dun axeitado modelo de financiamento autonómico constitúe a primeira prioridade para Galicia na actual coxuntura de crise económica. Por ese motivo, o Executivo autonómico avoga polo deseño dunha postura consensuada entre as principais forzas políticas galegas.
A Xunta de Galicia defende que a bilateralidade é perxudicial para Galicia e para o desenvolvemento harmónico das autonomías. O Goberno galego entende que no financiamento autonómico non poden acordarse previamente os principios básicos e as contías cunha comunidade autónoma e despois estender eses criterios ao resto.

O Executivo galego resalta que o financiamento autonómico constitúe un problema de Estado e non de goberno.