23 abril 2009

Feijóo manda aclarar que el no entra en el recuento de la igualdad que demandan los socialistas : una cosa es el presidente y otra el gobierno

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Saindo ao paso das graves acusacións socialistas de que o novo goberno da Xunta incumple a lei de igualdade e que polo tanto todos os seus actos poden ser nulos de pleno dereito, desde Raxoi con urxencia enviaron este texto aos medios de comunicación : O Goberno galego aclara que o presidente da Xunta e os conselleiros do Goberno galego son órganos diferenciados. Así, o presidente da Xunta foi elixido polo Parlamento galego e, a continuación, e, de acordo coa Lei do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, o presidente nomeou os conselleiros.
O Executivo autonómico lembra que o artigo 152 da Constitución española establece claramente que o Consello de goberno e o presidente son figuras diferenciadas, xa que asumen competencias distintas e, entre outras cousas, o presidente da Xunta é o representante do Estado en Galicia.